O Concello de Boiro ofrece, ademáis dos espazos físicos nos que iniciar unha actividade empresarial, servizos de apoio ao emprendemento, incluíndo asesoramento, formación a persoas emprendedoras, mentorización, organización de actividades de networking e eventos relacionados co emprendemento, tanto para as persoas usuarias do espazo físico como para aquelas iniciativas empresariais e emprendedoras que, sen requirir o uso das instalacións, precisen deste tipo de acompañamento.

Poderán optar ao acceso e uso das instalacións e/ou servizos calquera persoa física ou xurídica cuxo proxecto empresarial cumpra unhas condicións mínimas de viabilidade e reúna os seguintes requisitos:
· Persoas emprendedoras (fase de preincubación): Aquelas que, individualmente ou en grupo, estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa.
· Novas empresas (fase de incubación): Aquelas persoas físicas ou xurídicas que conten cunha antigüidade non superior a dous anos de exercicio empresarial (a contar dende a data de rexistro da empresa, no caso de persoas xurídicas, ou da última data de alta no RETA no caso de persoas autónomas), e precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia.

Para Persoas emprendedoras (fase de preincubación): O prazo máximo de duración do servizo de acollida e estancia total será de 18 meses, dende a data de notificación de admisión no Coworking, sen posibilidade de prórroga.
Para Novas empresas (fase de incubación): O prazo máximo de duración do servizo de acollida e estancia será de 3 anos (36 meses), a contar dende a data de notificación de admisión no Coworking. Existirá a posibilidade de solicitar unha prórroga de ata 2 anos adicionais, que se tramitará conforme a establecido Regulamento.

A presentación de solicitudes de acceso e prórroga poderá realizarse na Sede electrónica do Concello de Boiro dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de cada ano (ambos os dous inclusive) ou no Rexistro Xeral situado na Casa Consistorial, de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.
LAB BARBANZA
Parque Empresarial Espiñeira, 20. 15930 Boiro, A Coruña
