O Centro de Formación, Innovación e Emprendemento Lab Barbanza do Concello de Boiro dispón de Viveiro de empresas, dotado con sete despachos e tamén unha zona coworking diáfana con aulas abertas para o traballo conxunto dotadas todas elas con mobiliario para poder comezar a actividade.
Ademáis conta con zonas comúns como sala de xuntas ou zona de descanso.
Trátase dun edificio multidisciplinar que está dotado de aulas de formación e informática, aulas taller e incluso cociñas a disposición das empresas aloxadas para poder levar a cabo cursos formativos, talleres e outro tipo de eventos e actividades.
O Centro de Formación, Innovación e Emprendemento Lab Barbanza do Concello de Boiro está situado no Polígono Industrial de Espiñeira, parcela nº 20 – 15930 Boiro (A Coruña).

Acollida temporal e gratuíta para proxectos empresariais durante un máximo de dous anos. Espazo de 170 m² con 3 oficinas individuais (21-22,5 m²) e 2 oficinas modulares grandes (47 e 54,2 m²) divisibles. Capacidade total: 7 empresas.

Integrado na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo. Espazo de 350 m² para 10-20 iniciativas emprendedoras, facilitando colaboración e crecemento nun período máximo de 18 meses, prorrogables por outros 6.

As persoas usuarias acceden á sala de reunións "Project Manager", sala de reprografía e ximnasio, creando un ecosistema completo para o desenvolvemento profesional e persoal.

Sete aulas de aproximadamente 50 m² cada unha, incluíndo dúas aulas de informática con 31 equipos modernos, encerados interactivos e equipamento para formación en liña.

Cociña: 137 m² dotado de mobiliario, electrodomésticos, menaxe e útiles completos. Dispón tamén de economato e zona de cámaras de refrixeración e conxelado. Bar-restaurante: 105 m² dotado de equipamento, medios e útiles que se empregan nun bar-cafetería.

Espazo de 86 m² dotado de diversidade de material mobiliario que simula unha instalación sociosanitaria, cadeiras de rodas, camas adaptadas, menaxe sanitario...

Espazo de 46 m², está dotado de instalacións, mobiliario, equipamento e útiles que simulan unha vivenda ou aloxamento turístico.

Xestión forestal: 80 m² con almacén propio de 20 m². Acondicionado con mesas e bancos de traballo. Carpinteiría: 80 m² con almacén propio de 20 m². Un amplo espazo acondicionado con mesas e bancos de traballo axeitados para tarefas de carpintería.
O horario de apertura do Centro de Formación, Innovación e Emprendemento Lab Barbanza é, de forma ordinaria,
de 08:00 a 22:00 horas de luns a venres, agás festivos.
Poderase solicitar o acceso fora deses horarios de forma extraordinaria.
O Concello de Boiro pon en marcha este programa, para promover o emprendemento e o autoemprego na Comarca do Barbanza.
Os proxectos que entren a formar parte do Programa, independentemente do seu grao de maduración, terán indefectiblemente carácter innovador e suficiente viabilidade técnica e económica.
Non é imprescindible que os participantes estean constituídos como empresa nin dados de alta no Réxime de Autónomos.
Non, o único requisito é que acudas ao espazo de traballo durante polo menos o período máximo de duración do Programa (3 meses).
a) Está prohibido arrendar, ceder ou gravar, en todo ou en parte, por calquera título, o dereito de uso ou utilización daqueles espazos solicitados.
b) Non se permite introducir no espazo de traballo maquinaria ou elementos técnicos que non se axusten á actividade permitida e ás características técnicas do inmoble e do espazo utilizado.
c) Non se poderá realizar calquera tipo de obras, decoración, rótulos ou calquera outro elemento que afecte á imaxe corporativa do Concello de Boiro e aos espazos do Coworking.
d) Queda prohibida a utilización das instalacións do espazo de traballo para fins distintos aos previstos nas presentes instrucións.
e) Non se permite exercer calquera actividade que poida considerarse perigosa, insalubre e nociva ou que perturbe a actividade dos restantes participantes.
f) Está prohibido o uso do espazo como vivenda e outro uso non permitido.
g) Non se permite introducir mobiliario alleo sen autorización previa. En caso de autorizarse, o Concello non será responsable do devandito mobiliario.
h) Está prohibida a práctica de calquera profesión, comercio ou actividade contrarios á moral, á orde pública ou aos bos costumes, e a organización de calquera tipo de manifestacións políticas, sindicais e/o relixiosas.
i) Non se permite a introdución no espazo de traballo de calquera animal e/o material perigoso, tóxico ou que emita cheiros e, en xeral, calquera material non permitido polas normas de Seguridade e Hixiene.
j) As empresas e profesionais que abandonen o espazo deberán dar de baixa de forma inmediata o mesmo como domicilio social, comercial ou fiscal cando conste como tal.
k) De forma xeral, os cesionarios dos espazos non deben en forma ningunha perturbar o ambiente mediante ruídos, vibracións, cheiros, temperaturas ou calquera outra causa que poida afectar ou producir molestias aos restantes ocupantes.
LAB BARBANZA
Parque Empresarial Espiñeira, 20. 15930 Boiro, A Coruña
