O Concello de Boiro vai desenvolver accións formativas dirixidas a mellorar a cualificación de persoas desempregadas no período 2025-2026
Vanse desenvolver dous cursos, que se van impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas que o Concello de Boiro ten no Polígono Industrial de Espiñeira.
Os obxectivos destas accións formativas son mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras e mellorar as competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, as necesidade de adaptación aos cambios nos sectores produtivos e á inserción laboral.

Operacións Básicas de Cociña
Nivel profesional: Nivel 1 (Formación inicial básica)
Horario: de 9.00 a 14.00 horas
Duración: 12/01/2026 – 05/05/2026
Lugar: presencial. Centro de formación e viveiro de empresas, polígono industrial de Espiñeira, Boiro

Operacións Básicas de Restaurante e Bar
Nivel profesional: Nivel 1 (Formación inicial básica)
Horario: de 15.00 a 20.00 horas
Duración: 09/02/2026 – 19/05/2026
Lugar: presencial. Centro de formación e viveiro de empresas, polígono industrial de Espiñeira, Boiro

Requisitos das persoas aspirantes
Estar inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Programa integrado de emprego
Formación integral que combina competencias técnicas e transversáis para mellorar a empregabilidade.
2024: 115 participantes.
2025: 115 participantes.

Obradoiros de emprego
Formación práctica especializada en sectores con demanda laboral.
2024: 20 participantes (forestal e xardinería).
2025: 35 participantes (forestal, carpintaría e informática).

Cursos AFD
Formación certificada en sectores estratéxicos da comarca.
2024: 30 participantes (cociña e atención sociosanitaria).
2025: 45 participantes (cociña, restaurante-bar e atención sociosanitaria).
LAB BARBANZA
Parque Empresarial Espiñeira, 20. 15930 Boiro, A Coruña
