Agro 360º Adaptación, Sostibilidade e Emprendemento

O Concello de Boiro, xunto coas empresas do coworking Lab Barbanza, leva a cabo unha xornada sobre adaptación, sostibilidade e emprendemento no sector agoralimentario galego, Agro 360º.

Esta xornada vai constar de mesas de debate especializadas, tres espazos de diálogo con persoas expertas da cadea de valor agroalimentaria e tamén espazo networking, unha oportunidade para establecer contactos e intercambiar experiencias.

Terá lugar o 14 de novembro de 11.00 a 14.00 horas no Lab Barbanza (Centro de Formación, Innovación e Emprendemento) situado no Parque Empresarial de Espiñeira.

Mesa 1. Sostibilidade ambiental e cambio climático

Nela falarase dos marcos legais que actualmente poñen dirección no sector, tanto na temática de sostibilidade como de adaptación ao cambio climático

José Ramón Vázquez, vicepresidente de VIRATEC
Jacobo Feijoo, responsable de medio ambiente e cambio climático de Unións Agrarias
Higinio Mougán, director-xerente de AGACA
Pablo Condo, enxeñeiro técnico agrícola e responsable de AGROTECH en Sinerxia Consultores

Mesa 2. Innovación e empresa

Con exemplos reais, aterraranse proxectos e iniciativas que xorden do propio sector e que poden ser de inspiración e exemplo de boas prácticas. Na mesa falarase de como as empresas consolidadas se están adaptando e que retos están a afrontar.

Paula Souto, directora de I+D en Jealsa
Ángela Yusta, responsable de I+D en Paco y Lola
Javier Caneda, responsable de produción vegetal en Del Agro
José Iglesias, co-fundador e CEO de Stelviotech

Mesa 3. Emprendemento e novos modelos de negocio

Presentacións de proxectos inspiradores que se están abrindo camiño entre a sostibiliade e a resiliencia.

Elena Vitoria, CEO de Salmoira
Rosa Arcos, secretaria xeral de Fademur
Deborah Franco, fundadora de Monet Tecnología e Innovación
Maruxa Carmiña, co-fundadora de Canumi

Neste vídeo recóllense os mellores momentos dunha xornada dedicada a fortalecer o sector agroalimentario galego a través da innovación e a economía circular. O evento, froito da colaboración entre profesionais e empresas do viveiro do Lab Barbanza, centrouse nos desafíos da sostibilidade ambiental e na presentación de proxectos inspiradores que están a transformar o territorio.

Facebook LabBarbanza Instagram LabBarbanza LinkedIn LabBarbanza